Estimada persoa comuneira:
Pola presente convocámola á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo que terá lugar o vindeiro SÁBADO 27 de XANEIRO de 2024 no Colexio Público de San Roque ás 15:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:00 horas en SEGUNDA CONVOCATORIA.
A Asemblea terá a seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación das actas das asembleas do 25 de marzo e do 29 de abril de 2023, se procede.
2. Altas e baixas no censo de persoas comuneiras.
3. Cambio de domicilio social da COMUNIDADE.
4. Rescisión do Convenio coa Consellería do Medio Rural.
5. Permutas.
Solicitamos a vosa asistencia, xa que O MONTE COMUNAL é un dereito e un ben a preservar que nos pertence.
Saúdos,
A Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Darbo