Mostrando entradas con la etiqueta Especies alóctonas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Especies alóctonas. Mostrar todas las entradas
viernes, 12 de abril de 2024
sábado, 15 de enero de 2022
Xornada veciñal de deseucaliptización en San Roque
A comunidade de montes de Darbo organiza unha xornada de deseucaliptización o sábado 29 de xaneiro. O punto de encontro é ás 10:00 horas na capela de San Roque. Traede ferramentas (machadas, laias, etc), luvas e auga. Esperámosvos!!
jueves, 24 de diciembre de 2015
Restauración de Punta Corveiro - Borneira
A CMVMC de Darbo está realizando actuacións de restauración no terreo da súa propiedade en Punta Corveiro – Borneira. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, clasificou esta parcela o 16 de abril de 2012 a favor dos veciños de Darbo. Esta resolución de clasificación admite que este terreo foi aproveitado consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos veciños con casa aberta dende tempos inmemoriais.
![]() |
| Localización do terreo propiedade da CMVMC de Darbo en Punta Corveiro - Borneira. |
| Vista da zona norte da parcela xa restaurada, sen cimentacións de formigón. |
| Vista xeral da parcela, despois do proceso de restauración. Decembro 2015. |
1) Roza de vexetación e eliminación de especies exóticas de carácter invasor (Real Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras).
2) Apertura da zona de servidume de tránsito segundo Real Decreto 876/2014, eliminando as barreiras arquitectónicas e restauración xeomorfolóxica ao seu estado natural (restauración ambiental).
| Zona norte do terreo en Punta Corveiro - Borneira coas cimentacións de formigón e ao fondo as árbores da especie Platanus x hispanica eliminadas ao non ter un orixe autóctono. |
| Linde oeste da parcela antes da actuación de restauración. Maio 2015. |
| Linde oeste da parcela despois da actuación de restauración. Decembro 2015. |
5) Recollida de residuos e traslado a Punto Limpo.
| Recollida e acopio de residuos antes do seu traslado ao Punto Limpo. Decembro 2015. |
6) Rexeneración natural da zona.
A Punta Corveiro- Borneira está integrada dentro da proposta de creación dun Espazo Natural de Interese Local nos montes da Porteliña, da Vela, Areamilla, Barreiras, etc. situados na zona de Balea – Areamilla – Santa Marta.
![]() |
| Localización da parcela propiedade da CMVMC de Darbo en Punta Corveiro - Borneira dentro da proposta de ENIL Punta Balea - As Barreiras - Santa Marta. |
Etiquetas:
Actuacións,
ENIL,
Especies alóctonas,
Ocupacións ilegais,
Patrimonio natural,
Punta Balea,
Punta Corveiro - Borneira,
Restauración
miércoles, 23 de septiembre de 2015
Depósito de auga para a loita contra os lumes forestais
Estreamos nova infraestrutura para a loita contra os lumes forestais. Trátase dun novo depósito de auga para o reabastecemento de camións auto – bomba e outros vehículos do operativo de extinción de incendios.
Localízase na ladeira este da serra da Madalena, no camiño principal que sae en dirección norte dende o complexo educativo María Soliño á altura do Anguieiro, en terreos propiedade dos veciños de Darbo.
| Depósito co abrevadero. 2015 |
O depósito cumpre a normativa vixente para este tipo de infraestruturas, posúe unhas medidas exteriores de 6.5 x 4.5 metros, e unha altura de 2.5 metros. Ademais, para evitar que o depósito sexa unha trampa mortal para a fauna salvaxe e un perigo para as persoas ou acompañantes caninos engadiuse unha “rampa de escape” para evitar afogamentos accidentais (a máis da malla perimetral de protección obrigatoria).
| Detalle da "rampa de escape" para a fauna silvestre. 2015 |
martes, 17 de marzo de 2015
Cancro do castiñeiro nos montes de Darbo
O cancro do castiñeiro é unha enfermidade moi grave que afecta principalmente aos castiñeiros (xénero Castanea), o axente responsable desta enfermidade é un fungo, máis concretamente, un fungo de orixe asiático introducido en Europa a través de Italia polo comercio de castiñeiros orixinarios do este de Asia. O nome deste fungo alóctono é Cryphonectria parasitica.
| Castiñeiro afectado polo cancro. Castelo, ano 2015. |
Como normalmente acontece con tódalas bioinvasións, Cryphonectria parasitica causa poucos danos nos castiñeiros orixinarios de Asia. A explicación está na coexistencia entre ambas especies durante miles de anos, o fungo en contacto coas árbores produce pequenas adaptacións nos castiñeiros que “loitan” para evitar danos, á súa vez, o fungo adáptase aos cambios que sofren os castiñeiros para poder continuar parasitándoos. En definitiva, os castiñeiros asiáticos están preparados para defenderse de Cryphonectria, pero para os castiñeiros europeos, este fungo é como a Influenza para os indíxenas americanos, algo co que non están preparados para loitar.
Actualmente Cryphonectria está presente en gran parte dos soutos do norte peninsular, e Galicia non é unha excepción. Aparecen zonas afectadas pola enfermidade en toda a xeografía galega.
No monte de Darbo, o cancro do castiñeiro afecta á practica totalidade dos soutos, máis do 60% dos castiñeiros están afectados.
| Síntomas e danos producidos polo cancro nun castiñeiro. |
Algo moi importante antes de continuar con este artigo, é indicar que o fungo Cryphonectria parasitica é incapaz de “infectar” a unha árbore coa codia sana, só cando existe unha ferida na casca, o castiñeiro está exposto a infectarse polo fungo. As feridas poden ser causadas por diversos motivos: o roce de dúas ramas polo vento, as podas realizadas sen desinfectar as ferramentas, as feridas non protexidas con pasta cicatrizante, os incendios forestais, as persoas impacientes que golpean as ramas dos castiñeiros para que caian as deliciosas castañas... Calquera ferida, por pequena que sexa, é unha porta aberta para que as esporas de Cryphonectria entre a través da codia.
| Castiñeiro con cancro. Castelo, ano 2015. |
O principal axente propagador das esporas é o vento, mediante este medio as esporas poden recorrer moita distancia. Tamén a choiva, os animais, os insectos e aves poden ser vectores. Pero é o home o principal propagador do cancro mediante o transporte de material infectado, uso de ferramentas contaminadas, etc.
O síntoma máis característico da enfermidade é a aparición de feridas na codia do tronco e ramas, denominadas “cancros” (ver a fotografía adxunta). Estas feridas, ao estenderse o fungo pola codia, producen un “anelamento” que corta a circulación da savia e en consecuencia as partes por enriba da zona obstruída morren e secan. Por debaixo do “anelamento” aparecen “chupóns” (brotes de crecemento rápido).
O control desta enfermidade é moi complexa, no caso do monte de Darbo, lugar moi afectado polo cancro do castiñeiro débense seguir os seguintes métodos:
- Eliminación de árbores infectadas gravemente.
- Eliminar ramas afectadas e sanear feridas en árbores maduras.
- Queima de tódolos restos afectados por cancro do castiñeiro.
- Desinfección de ferramentas utilizadas para podar os castiñeiros, infectados ou non infectados (lixivia ao 10-20%).
- Utilizar masilla especial para selar as feridas nos castiñeiros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



