A CMVMC de Darbo está realizando actuacións de
restauración no terreo da súa propiedade en
Punta Corveiro – Borneira. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, clasificou esta parcela o 16 de abril de 2012 a favor dos veciños de Darbo. Esta resolución de clasificación admite que este terreo foi aproveitado consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos veciños con casa aberta dende tempos inmemoriais.
|
Localización do terreo propiedade da CMVMC de Darbo en Punta Corveiro - Borneira. |
A Punta Corveiro- Borneira foi ocupada ilegalmente durante os anos 80 e 90 do pasado século, e foi empregada durante anos para a acampada. Esta actividade, totalmente ilegal, degradou o espazo e deixou unhas fortes secuelas nunha zona con presenza de numerosas especies de plantas escasas na comarca de O Morrazo, ademais da degradación paisaxística e o impacto visual.
|
Vista da zona norte da parcela xa restaurada, sen cimentacións de formigón. |
Ata o pasado mes de setembro aínda se conservaban as cimentacións de formigón realizadas para a instalación de caravanas e artefactos de acampada, así como dous pozos negros e un pozo de barrena. Estas cimentacións ocupaban uns 1.000 metros cadrados de superficie que impedían a colonización por parte da
vexetación autóctona propia dos medios próximos ao
medio mariño.
|
Vista xeral da parcela, despois do proceso de restauración. Decembro 2015. |
As actuacións principais levadas a cabo con orzamento económico a cargo dos presupostos anuais da CMVMC de Darbo consistiron:
1) Roza de vexetación e eliminación de
especies exóticas de carácter invasor (
Real Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras).
|
Zona norte do terreo en Punta Corveiro - Borneira coas cimentacións de formigón
e ao fondo as árbores da especie Platanus x hispanica eliminadas ao non ter un orixe autóctono. |
2) Apertura da zona de servidume de tránsito segundo
Real Decreto 876/2014, eliminando as barreiras arquitectónicas e
restauración xeomorfolóxica ao seu estado natural (restauración ambiental).
|
Linde oeste da parcela antes da actuación de restauración. Maio 2015. |
3) Eliminación de muros e peches sobre o deslinde do
Dominio Público Marítimo-Terrestre (DPMT) e dentro da faixa de 6 metros da servidume de tránsito.
|
Linde oeste da parcela despois da actuación de restauración. Decembro 2015. |
4) Eliminación de cimentacións de formigón, pozos negros e outras instalacións dentro da propiedade da CMVMC de Darbo.
5) Recollida de residuos e traslado a
Punto Limpo.
|
Recollida e acopio de residuos antes do seu traslado ao Punto Limpo. Decembro 2015. |
6) Rexeneración natural da zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario