Acerca de...

Qué son as Comunidades de Montes Veciñais (CMVMC)? 

Os Montes Veciñais en Mancomún ou Montes Comunais son os que pertencen a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas e que se veñen aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños con casa aberta e con fume. 

Réxense por unha lexislación específica. Os Montes Veciñais en Mancomún son unha institución tipicamente galega, tamén existente en Portugal coa denominación de Baldios. 

É preciso recoñecer a contribución do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. 

A administración pública regula o seu uso.

A cuarta parte do territorio galego corresponde a monte veciñal en mancomún (unhas 700.000 hectáreas xestionadas por 2800 Comunidades de Montes). Ademais este réxime supón o 34% da superficie forestal, o resto é de propiedade privada individual. 

As Mancomunidades de Montes legalízanse ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 13/89 de Montes Veciñais en Man Común actualmente vixente e o artigo 47 do seu Regulamento (Decreto 260/1992).

Fontes: wikipedia.org e www.wikiwand.com

Arboretum da Raposa no ano 2012. CMVMC de Darbo

No hay comentarios:

Publicar un comentario