Grazas á labor de investigación desenvolvida por diferentes persoas e colectivos do Morrazo, temos constancia da existencia de varios xacementos arqueolóxicos que delatan a presenza de diversas culturas na zona. Neste senso, os montes do Castelo, a Madalena e o Liboreiro, constitúen un punto de referencia por ter sido o asentamento escollido (grazas á súa estratéxica localización dentro do contexto da península do Morrazo) por diferentes civilizacións para a instalación das súas construcións.
Xustificación
A importancia que ao longo da historia tiveron os montes do Castelo, a Madalena e o Liboreiro ponse de manifesto na presenza de numerosos restos e xacementos que citaremos a continuación.
Monte Castelo: Ao redor dos séculos IX-VIII a de C., iníciase unha paulatina sedentarización que dá orixe aos poboados estables nos outeiros de certos montes que terán recintos defensivos. No interior destes recintos poñerán as súas cabanas, feitas con elementos vexetais e barro que logo irán substituíndo por muros de manpostería. É a denominada Cultura Castrexa.
![]() |
Localización do monte Castelo |
- Número de catalogación: GA – 36.008.044
- Tipo de restos: Castro e cerámica galaico romana.
- Coordenadas U.T.M. Internacional / Huso 29: X = 516.720 Y = 4.680.110
Localízase enriba de Cimadevila, nunha cota de 244 m., na ladeira norte do Pico Castelo. A zona habitable atópase entre dous outeiros cun desenvolvemento de terrazas en tres niveis, presentando no seu lado norte dúas construcións defensivas. Documéntanse desde hai tempo achádegos de cerámicas castrexas e algúns muros foron postos ao descuberto por unha pista que atravesa a terraza inferior. Esta pista ademais cortou unha das construcións defensivas, que ten unhas dimensións de 4 m de ancho por 3 m de alto, e está formada por dous muros de manpostería separados por unha zona rechea de terra. Na zona máis elevada do monte, construíuse na Idade Media unha torre ou castelo que foi derruído con posterioridade nas guerras irmandiñas.
Madalena: A mediados do 3.000 a de C., e coincidindo coa fase final do Megalitismo, comeza a desenvolverse a primeira metalurxia, mediante o aproveitamento do cobre. Esta etapa é denominada Calcolítico. O desenvolvemento desta nova metalurxia supón que se vaian substituíndo os útiles líticos por unha nova utillaxe metálica.
Mesa de Montes, Madalena. Ano 2014. |
- Número de catalogación: GA – 36.008.045 (Mesa de Montes).
- Tipo de restos: Restos cerámicos.
- Coordenadas U.T.M. Internacional / Huso 29: X = 517.360 Y = 4.681.640
![]() |
Localización de Mesa de Montes e Liboreiro. |
- Número de catalogación: GA – 36.008.040 (Castro do Liboreiro).
- Tipo de restos: Castro e restos cerámicos de orixe medieval.
- Coordenadas U.T.M. Internacional / Huso 29: X = 517.540 Y = 4.683.150
Restos do castro de Liboreiro. Ano 2014. |
Redactado en Darbo. Novembro de 2007.
Equipo redactor: Alba Dasairas Bouzada, Alberto Pastoriza Barreiro, David Álvarez Graña e Simón Rial Pousa.
Equipo redactor: Alba Dasairas Bouzada, Alberto Pastoriza Barreiro, David Álvarez Graña e Simón Rial Pousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario