martes, 6 de marzo de 2012

Actividades



A Comunidade de montes de Darbo vai organizar este domingo dia 05 de febreiro, as 11 da mañá no monte do Elefante en San Roque un curso de poda de formación de frondosas gratuíto e aberto a toda a xente que queira participar.
Complementarase cunha plantación de frondosas( castiñeiros, érbedos, carballos e sobreiras...) na zona que ardeu o ano pasado.

O curso constará dunha explicación básica sobre a poda, centrándonos nos aspectos de formación arbórea, para a continuación poñer en práctica os coñecementos adquiridos coas árbores alí existentes plantadas pola Comunidade de Montes hai 4 anos e que forman parte da área de lecer do Monte Elefante.

Preténdese con este curso, aparte da finalidade obvia de aprendizaxe, a implicación da veciñanza co entorno e que sintan como algo seu as áreas de lecer da parroquia de Darbo.