miércoles, 5 de agosto de 2020

O vindeiro día 8 de agosto celebramos a ASEMBLEA XERAL de carácter ordinario

Estimad@s comuneir@s:

Pola presente convocámosvos á ASEMBLEA XERAL de carácter
ordinario da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de
Darbo que terá lugar o vindeiro SÁBADO 8 de AGOSTO de 2020 no
Colexio Público de San Roque ás 15.00 en primeira convocatoria e
ás 17:00 en SEGUNDA CONVOCATORIA.

A Asemblea terá a seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta da anterior asemblea, se procede.
2. Altas e baixas no censo de comuneiros.
3. Informe económico do ano 2019 e aprobación de contas.
4. Informe de xestión do ano 2019.
5. Temas xurídicos e permutas.
6. Preguntas e propostas.

Solicitamos a vosa asistencia, xa que O MONTE COMUNAL é un
dereito e un ben a preservar que nos pertence.

martes, 15 de octubre de 2019

"Por un monte galego con futuro"

A Mancomunidade de Montes Veciñais e Man Común do Morrazo apoia a manifestación do 20 outubro de 2019 "Por un monte galego con futuro". Adxuntamos a nota de prensa enviada aos medios de comunicación.



jueves, 10 de octubre de 2019

Actuacións en Outeiro Balea e Madalena

 
Neste comezo do mes de outubro a Comunidade de Montes de Darbo en colaboración co concello de Cangas está realizando unhas actuacións de restauración de infraestruturas para uso público no tramo baixo do río Pontillón no lugar de Outeiro Balea.


Instalouse unha varanda de madeira para protexer o noiro entre o camiño de acceso á costa de Outeiro Balea e o val fluvial do Pontillón, esta varanda ten continuidade sobre a ponte e a rúa das Barreiras.

Aproveitouse tamén para realizar unha roza no terreo Comunal para facilitar o desfrute da zona polos veciños. 


Na serra da Madalena comezaron os traballos de roza na faixa paralela ao camiño de ascenso á Mesa de Montes (ver fotografía de encabezamento).

A Xunta Reitora.