miércoles, 3 de abril de 2024

Asemblea xeral da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo

Pola presente convocámosvos á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo que terá lugar o vindeiro SÁBADO, 06 de abril de 2024, no Colexio Público de San Roque ás 15.00 en primeira convocatoria e ás 17:00 en SEGUNDA CONVOCATORIA.

A asemblea terá a seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta da asemblea do 27 de xaneiro de 2024. 

2. Altas e baixas no censo de persoas comuneiras. 

3. Autorización xeral para solicitar axudas e subvencións.

4. Informe económico 2023 e orzamento 2024.

5. Informe de xestión. 

6.- Túnel de Areamilla.

7.- Asuntos xurídicos: 1) Xuízo Irene Rial 2) Demanda Telefónica. 

8.- Actualización do estado de rescisión do convenio con Medio Rural: autorización da Asemblea para contratar os traballos dun Plan de Ordenación ata 10.000 euros.

9.- Proposta de American Power de instalación de antena en Ourelo.

10.- Rogos e preguntas.

Solicitamos a vosa asistencia, xa que O MONTE COMUNAL é un dereito e un ben a preservar que nos pertence.

viernes, 12 de enero de 2024

Asemblea Xeral Extraordinaria

Estimada persoa comuneira:

Pola presente convocámola á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo que terá lugar o vindeiro SÁBADO 27 de XANEIRO de 2024 no Colexio Público de San Roque ás 15:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:00 horas en SEGUNDA CONVOCATORIA. 

A Asemblea terá a seguinte orde do día: 

1. Lectura e aprobación das actas das asembleas do 25 de marzo e do 29 de abril de 2023, se procede. 

2. Altas e baixas no censo de persoas comuneiras. 

3. Cambio de domicilio social da COMUNIDADE. 

4. Rescisión do Convenio coa Consellería do Medio Rural.

5. Permutas.

Solicitamos a vosa asistencia, xa que O MONTE COMUNAL é un dereito e un ben a preservar que nos pertence.

Saúdos, 

A Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Darbo