Quen somos

Monte Liboreiro ao fondo. Ano 2014.
 
O Monte Veciñal en Man Común de Darbo, en virtude da Resolución de Clasificación con data 15 de novembro de 1979 (Serra da Madalena, Varalonga, Castelo e San Roque), 23 de setembro de 1992 (A Costa Santa Marta, Laxe de Milladoira, Franqueira, Barreiras e Anguieiro) e 16 de abril de 2012 (Porteliña e outros) do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da provincia de Pontevedra, pertence aos veciños da parroquia de Darbo no concello de Cangas do Morrazo, Partido Xudicial de Pontevedra.

Souto en monte Carrasco. Ano 2014.
 
Actualmente a xestión e representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo corresponde á Xunta Reitora, elixida en Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 29 de abril de 2023, estando rexida polos Estatutos aprobados en Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 21 de maio de 2005. 
 
A Xunta Reitora componse das seguintes persoas comuneiras:

Presidenta: Asunción Camaño Fandiño.
Vicepresidente: Pablo Blanco Bellas.
Secretario: Bernardo Nores Blanco.
Tesoureiro: Juan José Pérez Fernández.
Vogal: Camilo Martínez Rial.
Vogal: José Antonio Marcos Novas.
Vogal: Alfredo Moldes Guardado.
Vogal: Iria Malvido Pazó.
Vogal: Antonio Fernández Cordeiro.
Vogal: Xurxo Boubeta García.
Vogal: José Rodríguez Iglesias.
Vogal: María Esther Troncoso Blanco.

Balcón do Rei, na vertente suroeste. Ano 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario