miércoles, 22 de marzo de 2023

Asemblea xeral da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo

Estimada persoa comuneira:

Pola presente convocámosvos á ASEMBLEA XERAL da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo que terá lugar o vindeiro SÁBADO, 25 de marzo de 2023, no Colexio Público de San Roque ás 15.00 en primeira convocatoria e ás 17:00 en SEGUNDA CONVOCATORIA.

A Asemblea terá a seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta da anterior asemblea, se procede.
2. Altas e baixas no censo de persoas comuneiras.
3. Informe económico dende 01.01.2022 a 25.03.2023 e aprobación de contas.
4. Informe de xestión dende 01.01.2022 a 25.03.2023.
5. Novo plan de ordenación forestal.
6. Corta das franxas de seguridade.
7. Preguntas e propostas.
8. Renuncia da actual presidenta.
9. Convocatoria de eleccións á Xunta Reitora.

Solicitamos a vosa asistencia, xa que O MONTE COMUNAL é un dereito e un ben a preservar que nos pertence.

Un cordial saúdo.

O Outeiro Meán, O Piñeiro, Darbo. Decembro de 2019.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario