Neste mes de xuño procedemos a realizar traballos de roza de herba e matogueira. A meirande parte do monte no que se actuou foi mediante unha rozadura por trituración con tractor. En menor medida, nas zonas de terreo inclinado ou pedregoso a roza foi manual.
Sendeiro entre Xestoso e Laxe da Chan. |
Coma anos anteriores os traballos centráronse en camiños e sendeiros, zonas de lecer e lindes con vivendas. Realizouse de forma selectiva, respectando pés a conservar das especies
frondosas autóctonas. O Arboreto da Raposa en Varalonga, Laxe da Chan, San Roque, Ourelo e Monte Carrasco son algunhas das zonas onde se realizaron as actividades.
Monte Carrasco. |
As operacións silvícolas son importantes ferramentas para evitar a
propagación de lumes forestais, a roza de matogueira permite establecer
unha discontinuidade na vexetación que dificulta a evolución dos lumes.
Tamén os medios de extinción utilizan estas faixas para loitar contra as
lapas.
Sendeiro en San Roque. |
As rozas de vexetación teñen un impacto positivo e negativo sobre o medio natural; Positivo porque ao eliminar a vexetación arbustiva aparecen novos espazos ocupados por herbas e outras prantas anuais de alto valor biolóxico e os animais asociados. O impacto negativo ten lugar cando a intensidade da roza e tan alta que afecta ao chan (erosión), ou a época de realización dos traballos non é a adecuada, por exemplo, coincidindo coa nidificación das aves (destrución dos niños). Por estes motivos é importante non realizar rozas a feito nin en superficies amplas e planificar as actuacións en épocas adecuadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario