No inverno do ano 2006 a Xunta Rectora da CMVMC de Darbo iniciou, co apoio da Asamblea de Comuneiros, a creación dunha área de interpretación do patrimonio forestal e natural na zona de Varalonga - Outeiro dos Corvos (Rodais: 00808, 00810 e 00811). Ademais, acompañando a esta actuación realizouse unha repoboación de frondosas autóctonas cunha superficie total de 2,42 hectáreas.
![]() |
Localización do Arboreto da Raposa en Darbo. Fonte: Google. |
A finalidade perseguida coa creación do Arboreto foi a creación dunha cuberta vexetal con importante presencia dun estrato arbóreo formado exclusivamente por especies de carácter autóctono, acadando os seguintes obxectivos:
1) A multifuncionalidade ambiental e a sustentabilidade para que as actividades relacionadas co uso recreativo teñan a forma e a intensidade que permitan manter na futura masa forestal a biodiversidade, a complexidade específica, a capacidade de rexeneración da vexetación potencial e a vitalidade. Garantindo na medida do posible a eficacia e o cumprimento indefinido das súas múltiples funcións; ambientais, ecolóxicas, protectoras, sociais e culturais.
![]() |
Zona de actuación no inverno de 2006 - 2007. |
2) Disposición dun espacio axeitado no que realizar actividades de docencia en materia de Educación Medioambiental e Uso Público do Medio Natural.
![]() |
O incendio do verán de 2006 afectou á zona de Varalonga, área de repoboación. |
3) Posta en valor dende o punto de vista ecolóxico e paisaxístico do “Monte de Varalonga”, pasando dun uso recreativo intensivo a dispoñer dun estrato forestal protector.
![]() |
Captura de imaxe da presentación do proxecto á Asamblea Xeral de Comuneiros. |
4) Ofertar ao público en xeral un punto de acercamento ao medio natural e as formacións boscosas características da península do Morrazo.
5) Potenciar a biodiversidade.